Elviña acolle esta fin de semana a gran festa Sub10 e Sub12

Máis de medio milleiro de nenas e nenos en representación de 59 clubs, tomarán parte durante esta fin de semana no Campionato Xunta de Galicia Sub10 e Sub12 individual que se estará disputando nas pistas Universitarias de Elviña baixo o patrocinio de Concello de A Coruña e Xunta de Galicia.
No campionato, que dará comezo as 10:00 horas e se estará disputando a dobre xornada ata as 20:30 horas, tomarán parte as rapazas e rapaces nados entre os anos 2014 e 2016. A participación no mesmo, estará reservado para todos aqueles atletas federados que lograsen as marcas mínimas de participación estabrecidas para cada proba ata un máximo de dúas probas individuais e unha de remudas.
A nivel de programación, os atletas da categoría Sub12 estarán competindo durante toda a xornada da mañán e os Sub10 faranno na xornada de tarde.
Enfoque pegadóxico
Por tratarse das categorías máis de base do atletismo galego, a competición estará enfocada desde un punto de vista pedagóxico e motivacional no que través da propia competitividade, se poida dar importancia a os grandes valores que emanan do deporte.
Como ben sendo habitual nestas categorías, aproveitarase por parte de xuíces e adestradores, a oportunidade que ofrece o campionato, para falar un pouco máis in situ cos rapaces e rapazas e explicarlles todas aquelas cuestións e consideracións máis importantes relacionadas co regulamento.
Por parte da Federación Galega de Atletismo “Para nós este é un dos campionatos máis importantes do calendario galego, na que a canteira máis nova do noso atletismo estará tomando parte. Non queremos deixar pasar a oportunidade de salientar e recoñecer o gran traballo que tanto adestradoras como adestradores están levando a cabo por todos os recunchos da nosa comunidade grazas aos cales, hoxe podemos presumir de contar cunha gran base sólida e numerosa de atletas de futuro”