Boa actuación galega no Campionato de España en Ruta

Un total de seis medallas na categoría individual e unha na de equipos é o balance das actuacións galegas desenvoltas durante esta pasada fin de semana no Campionato de España en ruta celebrado na localidade mallorquina de Pollença.
Media maratón.
Os títulos nesta distancia viñeron da man do atleta do Veteranos de Samil Manuel Suárez quen sobre a categoría M65, lograba título de campión de España logo de invertir un rexistro de 1h.24:24 que representan de igual modo un extraordinario novo récord de España. Sen abandoar esta distancia Roberto Rey do Veteranos de Samil na M75 finalizaba na segunda posición con 1:56.33
A S.D.Compostela voltaba con dúas medallas de prata de mans das súas atletas Soledad Aurora Leiro na categoría F50 cun tempo de 1h.25:31 e de Mari Carmen Rodríguez del Río na F65 con 1h.51:18 conseguindo por equipos o terceiro lugar na categoría F45/F50
Por último tamén destacado terceiro posto sobre esta distancia de Edymar Brea do Vicky Foods quen invertía un crono oficial de 1h.13:30.
5K.
David de la Fuente do Atletismo Pinarium foi o máis destacado sobre esta distancia dos 5 K. O campión galego de 10.000 m. continúa desenvolvendo unha gran tempada, sumando desta vez, un metal de prata para o seu currículo na proba dos 5K cun rexistro de 14:03.
Milla.
Sobre a distancia dos 1.609 m. os metais galegos viñeron por parte do atleta do Atletismo Narón Pablo Otero ao lograr o segundo posto da proba cun crono de 4:20.90.
Sete postos de finalistas
Así mesmo, foron destacados tamén os postos de finalistas colleitados na media maratón por Juan Carlos Casal da SD Compostela M45; Daniel Barguiela do Bikila na F50; Manuel Paredes do Barbanza na M55; Natalia García do At. Sada e María Tarrio do SD Compostela na F45; Julia Vaquero do Veteranos de Samil na F50, así como Eva Piñel do Celta Atletismo sobre os 5K absolutos.