Saltar ao contido
Campionato Internacional

Antía e Dani, dan turbo á marcha hispana

Novamente a marcha galega continúa protagonizando momentos esteleres a nivel internacional.

Desta vez, foi durante o transcurso do Campionato de Europa de Marcha desenvolto en Podebrody no que tanto Antía como Dani Chamosa protagonizaron unha sobervia actuación que contribuiría decisivamente a que España lograra o subcampionato continental tanto en homes como en mulleres.

Dani Chamosa instálase definitivamente na élite mundial

Cunha fría temperatura de 8º e 77% de humidade, dábase a saída ás 7:30 horas á primeira proba dos 35 K. masculinos na que tomaba parte Dani Chamosa. Xa dende o comezo, o galego efectuaba una excelente plantexamento, dosificando e administrando moi ben ao longo de toda a distancia. Durante boa parte da proba, mantivo un man a man con Manuel Bermúdez do que acabaría distanciandose  a falta das últimas voltas o que lle permitiron entrar en línea de meta nunha fantástica sétima posición cun crono de  2h.27.56. Con esta marca Dani Chamosa, consigue un novo récord galego, a terceira mellor marca española de todos os tempos e o seu billete para tomar parte nos mundaos de Tokio. ¡Sensacional!

Antía logra o cuarto posto no campionato de Europa

Si todo esto sucedía na categoría masculina, o equipo feminino de España dos 20K, no que tomaba parte Antía Chamosa, tamén quíxose sumar a esta festa de celebracións.

Cun cuarteto hispano no que misturaba veteranía e xuventude, a competición avanzaba ao longo dos 20K., dun xeito moi homoxéneo entre Antía, Paula Juárez e Lidia Sánchez-Puebla. Cos tres primeiros postos definidos entre ucraínas e francesas, as españolas lanzáronse á loita polo cuarto posto que finalmente ocupaba a marchadora da Gimástica nunha extraordinaria competición que a facían rematar cun crono oficial de 1h.29:11 e que daba a España, xunto ao resto de actuacións, o subcampionato de Europa.

Compartir