Federación
O CEAGA abre as inscricións para o curso 2025/2026

A Federación Galega de Atletismo abre as inscricións para as probas de acceso ao Grao medio de técnico deportivo en atletismo (ciclo inicial) que oferta o Centro de Ensino Atletismo Galego (CEAGA) para este curso 2025/20226
O periodo de inscrición poderá efectuarse no IES Nosa señora dos ollos grandes (Lugo) e no IES As Barxas (Moaña) ata o día 25 de xuño.
Unha vez pechado o prazo de inscricións, as probas de acceso para este curso realizaranse o 18 de xullo as 10:00 horas no IES Nosa señora dos ollos grande (Avenida Ramón Ferreiro,2. Lugo)
Para máis información podese contactar co enderezo ensino@atletismo.gal ou no teléfono de contacto 981 26 16 83