Saltar ao contido
Campionato de Galicia

O campionato galego de clubs Sub20 e Sub16 decídese en Elviña

As pistas universitarias da UDC en Elviña acollerán esta fin de semana o importante Campionato Xunta de Galicia de clubs para as categorías Sub20 e Sub16 baixo o patrocinio do Concello de A Coruña e a colaboración da Universidade de A Coruña, e na que están chamados a tomar parte os principais clubs da nosa comunidade.

O campionato arrincará o sábado 17, día das letras galegas, e nel tomarán parte os equipos da categoría Sub16 na que o Atletismo Narón en mulleres e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes, estarán defendendo o título logrado o ano pasado nas mesmas instalacións coruñesas.

Xa para a xornada do domingo, e a partires das 10:00 horas, será o momento para os equipos participantes no campionato Galego Sub20 na que novamente a Gimnástica en homes será o equipo a batir xunto ao Ourense Atletismo na categoría femina, gañadores ambos da pasada edición.

En total pasarán polas instalacións universitarias coruñesas preto dun milleiro de atletas en representación de corenta e sete clubs clasificasdos e procedentes de toda a comunidade.

Equipos clasificados na categoría feminina: Atletismo Obradoiro, ADAS CUPA, Celta Atletismo, Atletismo Millaraio, Ría de Foz, Atletismo Sada, Atletismo Narón, Comesaña S.C., Coruña Comarca, Ferrol Atletismo, La Mochila del Deporte, Lucus Caixa Rural Galega, Ourense Atletismo, Agrupación Viguesa, Atletismo Santiago, Marineda Atlético e Ría Ferrol

Equipos clasificados na categoría masculina: ADAS CUPA, Celta Atletismo, Ría de Foz, Atletismo Sada, Atletismo Narón, Coruña Comarca, Lucus Caixa Rural Galega, Ourense Atletismo, Agrupación Viguesa, Atletismo Santiago, Marineda Atlético, Riazor Coruña, CSCR Beade e Sociedad Gimnástica

Compartir