Un bronce e dous finalistas para os Trail Running galegos en Azpeitia

Celebrouse en Azpeitia a terceira edición do Campionato de España de Ultra Trail Running Master que percorría ao longo de 65 duros quilómetros a localidade guipuscoana e outras localidades como Errezil, Bidania-Goiatz e Beizama. Partindo da Praza Maior de Azpeitia os corredores ían salvando os numerosos puntos do percorrido que acreditaban o seu paso polos pertinentes postos de control: Gazume no quilómetro 11, Iturburu no quilómetro 19, etc. ata volver á praza da saída.
Percorrido esixente, e de condicións meteorolóxicas duras que orixinaba numerosos abandonos ao longo da carreira.
Por parte galega, foron sete os galegos que acudiron a tomar parte nesta edición da que voltaron cun metal de bronce e dous postos de finalistas.
Precisamente, Iván Sanguiao do club Biosbardo, e responsable de sector da Federación Galega de Atletismo, lograba o metal de bronce na categoría máster35 sobre unha distancia de 65K. (3950 positivos) no que invertiría un rexistro de 7h.20:20.
Os postos de finalistas corresponderon a Eneko Hurtado na categoría M35 e a Iván Redondo na M45.
Con estes resultados, consolidase un sector que ven experimentando un medre notorio tanto no número de participantes como no número de actividades federadas programadas.
Foto portada RFEA