Título galego de clubs para Ourense e Gimnástica

Ourense Atletismo en mulleres e Sociedad Gimnástica en homes, lograron esta fin de semana o título de campións galegos de clubs 2025 na edición desenvolta nunhas ateigadas pistas pontevedresas do CGTD que contaron ca asistencia do vicepresidente 1° da Deputación de Pontevedra, Rafael Domínguez.
Emoción e disputa
No tocante aos resultados, para o equipo feminino do Ourense Atletismo este título representa a confirmación do seu liderado logo de que xa este mesmo ano lograran por estreito marxe ,o campionato en pista curta. Desta ocasión o domiño foi máis claro, aventaxando en vintenove puntos ao subcampión e en corenta ao terceiro, Gimnástica de Pontevedra e Celta Atletismo respectivamente. Con este triunfo, o equipo de As Burgas suma o seu terceiro campionato que engaden aos xa logrados nos anos 2005 e 2012.
Os triunfos parciáis das ourensáns viñeron de África Gómez nos 200 m; Andrea Reija nos valos, Leyla Villar nos osbtáculos; Iria Solera en altura; Alba Iglesias no triplo; Aitana Capeáns en peso; María Ezquerro en disco; Yiset Jiménez en xavelina así como o equipo de remudas dos 4×100 m.
Pola súa banda, a Gimnástica de Pontevedra sumaba o seu novena copa na categoría masculina logo de impoñerse de maneira clara con 135 puntos ao Celta Atletismo e Atletismo Narón , segundos e terceiros na clasificación xeral.
O título pontevedrés cimentouse entre outros grazas aos triunfos parciais de Pedro Osorio nos 1.500 m.,Carlos Porto nos 3.000 m.; Javier Lires nos 400 V; Yusef Santos nos obstáculos; Santi Ferrer en pértega; Sergio Coello en lonxitude; Carlos Revuelta en martelo; Jonathan Correa en xavelina e o equipo de remudas dos 4×400.