Saltar ao contido
Campionato de España

Navarrete, Castelo e Sierpes lideran o fondo galego

Fantástico resultado galego o logrado esta fin de semana na localidade balear de Mahón durante o transcurso do Campionato de España de 5.000 e 10.000 m.

Nada menos que dous ouros unha prata e un posto de finalista foi o resultado global obtido polos nosos atletas que poñen de manifesto o excelente momento que vive o sector do fondo galego.

Os títulos viñeron da man de dous dos máximos representates da nova xeración do noso atletismo. Tanto Sabela Castelo do Ourense Atletismo como Alex Sierpes do Vicky Foods, confirmaron claramente os prognósticos e impuxéronse sobre a proba dos 5.000 m. Sub18 cun crono respectivo de 16:59.20 e de 15:20.19.

Con estes resultados, certifican a gran progresión que están a experimentar e que levaban ao atleta do Baixo Miño esta tempada a ser campión de España Sub18 nos 3.000 metros indoor, batir o récord galego en dúas ocasions tanto en 3.000 m. como nos 1.500 m., e  obter o subcampionato de España individual e por equipos no campo a través.

Pola súa banda Sabela Castelo, remataba a tempada indoor liderando claramente  a proba dos 3.000 m. na que se proclamaba campioa de España encabezando de igual modo claramente, o ranking nacional.

Si falamos de canteira e de futuro, tamén falamos de presente e realidade xa que novamente a olímpica Ester Navarrete lograba outro éxito importante que sumar ao colleitado recentemente na localidade belga de Lovaina, na que se proclamaba campioa de Europa por equipos. Desta ocasión, a viguesa sumaba un extraordinario subcampionato de España nos 10.000 m. logo de rematar cun rexistro de 32:58.71

Para rematar, a internacional e campioa de España ca Selección galega de campo a través este ano Sabela Martínez da Gimnástica, completaba un gran campionato logrando posto de fianalista nos 3.000 m. Sub18 cun crono de 17:35.85.

Compartir