Saltar ao contido
Campionato de España

Fondo e Trail acaparan os campionatos de España na fin de semana

Esta fin de semana as grandes citas estarán centradas en Mahón e Azpeitia onde o fondo e o trail running celebrarán os seus campionatos de España.

Campionato de España de 10.000 e de 5.000 m.

Ata Mahón acuden un total de 13 atletas galegos a tomar parte no Campionato de España dos 10.000 e 5.000 m. na procura de bos rexistros e postos de podio. Entre as que acuden destaca a presenza da olímpica en maratón Ester Navarrete quen logo do seu recente campionato de Europa por equipos, intentará lograr un bo rexistro sobre os 10.000 m.

Xunto a atleta olímpica estará tomando parte tanto Teo de Frutos do Lucus, bronce o ano pasado, como o tamén bronce europeo por equipos en T.R. Asheber Díaz do Celta sobre a distancia dos 5.000 m. Sub20.

A campioa de España Sabela Castelo, do Ourense Atletismo, será outra das destacadas ao acudir ca mellor marca das participantes sobre os 5.000 m. Sub18. Na categoría masculina Alejandro Santos da Gimnástica estará pelexando polos postos de finalista ao igual que Alex Sierpes do Vicky Foods, quen logo de facer unha incríble tempada de pista curta, intentará dar comezo o aire libre cun bo resultado.

As internacionais Isabel Caeiro da Gimnástica, Sub23 sobre os 10.000 m. e Emma Méndez da At. Lucense, nos 5.000 m. Sub18, serán outras das galegas participantes que estarán medindo súas forzas nesta edición.

Campionato de España Ultra de TR

Por último a outra cita destacada estará en Azpeitia á que acuden cinco dos nosos representantes a tomar parte no Campionato de España de Ultra T.R. para as categorías absoluta e máster

En concreto o noso atletismo estará representada por Eneko Hurtado, Iván Redondo, Iván Sangiao, Adolfo Garrido e Jonathan Pérez quenes estarán sobre a línea de saída do circuito guipuscoano.

Compartir