Saltar ao contido
Selección Galega

Merino e Izaguirre lideran a selección galega de combinadas.

Nova cita para a Selección Galega de probas combinadas que terá que desprazarse ata a illa de Fuerteventura no último fin de semana deste mes para tomar parte no Campionato de España por Seleccións.

Ata esa cita acuden tres atletas de ambas categorías ca intención de repetir o excelente resultado obtido o ano pasado en Arganda del Rey e onde lebramos, a nosa selección lograba un extraordianrio podio no campionato.

Para esta ocasión, na categoría masculina repite a súa participación do ano pasado o internacional venezolano Gerson Vidal Izaguirre quen en Arganda xogaba un papel fundamental no éxito da selección ao lograr o triunfo individual cunha puntuación de 7.790 puntos. Xunto a Izaguirre, estarán tomando parte o campión galego de pista curta do presente ano e internacional Adolfo Saínz-Maza do Celta quen xa fora finalista no ano pasado. Debuta na selección o campión galego Sub20 Diego Martínez do Vila de Cangas.

A categoría feminina estará liderada por Alicia Merino do Ría Ferrol, quen ten unha das mellores marcas do historial do ranking galego absoluto e que tamén tomaba parte no campionato de España do ano pasado. Xunta ela formarán equipo as campioas galegas Andrea Reija do Ourense Atletismo e Carla Allegue do Xuncas Diversia.

Compartir