Saltar ao contido
Campionato de Galicia

Dezaseis equipos aspiran aos títulos galegos de clubs

Esta fin de semana as pistas do CGTD de Pontevedra darán acollida a disputa do XXXVII Campionato Xunta de Galicia de clubs absoluto á que están chamados a tomar parte un total de dazoito equipos.

Entre a relación de formacións estarán tomando parte tanto Ría Ferrol en categoría feminina como Celta Atletismo na masculina como clubs con máis número de edicións gañadas.

Para o conxunto departamental está será unha boa oportunidade para voltar a lograr un título logo de catro anos de hexemonía pontevedresa e céltica. Xunto eles haberá que estar moi pendente ao que faga o Ourense Atletismo que ven de proclamarse campión de Copa na pista curta e que xa a piques estivo o ano pasado de lograr o triunfo ao aire libre.

Nos homes, a Sociedad Gimnástica pelexará por revalidar o seu triunfo do 2024 e sumar o seu noveno título, malia que a priori será o Celta, quen logo de proclamarse campión na pista curta, dispute o triunfo ós do Lérez. Para os célticos esta podería representar o seu décimo quinto título sobre este formato competitivo a atleta por proba.

Igualdade nos postos de podio

O podio masculino será a priori o máis pelexado. Nel o Atletismo Narón, incurso no Campionato Nacional de primeira División, presentase como serio candidato. Xunto aos azulóns, Atletismo Santiago, terceiro o ano pasado, e C.A. Sada, quen ocupaba idéntica posición este ano ano en pista curta, poderían posicionarse para eses postos.

Compartir