O atletismo universitario galego regresa con dúas medallas de Madrid

Unha medalla de ouro, unha de bronce e un total de tres postos de fialistas foi o balance logrado polos universitarios galegos e galegas no Campionato de España Universitario desenvolto ao longo desta fin de semana na capital do Estado e ao que acudiron as institucións de Santiago, A Coruña e Vigo
As medallas viñeron da man da olímpica e plusmarquista mugardesa Belén Toimil quen defendendo as cores da Universidade Católica de Murcia, realizaba un mellor lanzamento de 15.15 m. logrando un claro e agardado triunfo. No concurso de pértega, a ourensá Manuela Blanco da Universidade Europea de Madrid, colleitaba o segundo metal para as universitarias galegas logo de pasar o listón a unha altura de 3.70 m.
O resto de finalistas foron Estela Díaz da Universidade de Vigo nos 5.000 m., Hugo García da Universidade de Santiago -quen estivo rozando o metal- na proba dos 3000 obstáculos e Xabier Lires quen daba a Universidade da Coruña un posto de finalista na proba dos 400 valos.
Colaboración
A este campionato acudiron unha representación das tres universidadades galegas, entre as cales a Universidade da Coruña e a través dun convenio de colaboración asinado ca Federación Galega de Atletismo, desprazaba aos seus atletas a este campionato. Precisamente un dos importates patrocinadores e colaboradores do atletismo galego Gonzacar-Galmotor, foi quen cedía un dos seus vehículos de transporte para o desprazamento dos universitarios herculinos.
Resultados categoría feminina
- 100 m. Smf. Antía Pernas (UDV) 13.37/ Smf. Cristina Garrido (UDV) 12.56
- 200 m. Smf. Andrea Pais (UDV) 25.18
- 1.500. Smf. Leyla Villar (USC ) 4:39.71
- 400 v. Smf. Alicia Barreiro (Murcia) 1:06.88
- 5000 m. 8ª Estela Díaz (UV) 18:19.12
- 5.000 Marcha. 9ª Alba Pérez (USC) 24:35.17/ 11ª Natalia Rivas (UDV) 25:33.13
- Triplo. 15ª Ariadna Gil. (USC) 11.10 m.
- Pértega. 3ª Manuela Blanco (Eu.Madrid) 3.70 m.
- Martelo. 11ª Victoria Eiríz (UDV) 44.94 m.
- Peso. 1ª Belén Toimil (UCAM) 15.15 m.
Resultados categoría masculina
- 100 m. Smf. Pablo Tomé (UDC) 11.26
- 800 m. Smf. Alberto Pérez (USC) 1:53.25/Smf. Miguel Quintáns (UDC) 1:56.
- 5.000 m. 11º Hugo García (USC) 16:06.15
- 3000 Obs. 4º Hugo García (USC) 9:29.18
- 110v. Smf. Xoel Otero (UDC) 15.48
- 400 v. 8º Xabier Lires (UDC) 1:01.40
- Lonxitude. 10º Rául Cortizo (UDV) 7.00 m.
- Martelo. 12º Hugo Fernández (UDC) 44.38 m.
- Disco. 13º Nicolás Ortega (U.Málaga) 40.33 m.