Saltar ao contido
Competición

A ponte virá cargada dunha ampla oferta de actividade atlética

Comezamos o mes de maio e facémolo cunha chea de programación oficial.

Para comezar, en ruta contaremos con dúas citas correspondentes ao XI Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Por unha banda, o Concello de A Baña celebra a súa primeira carreira popular sobre un percorrido de 10 e 5 K., ao igual que o Concello de Frades que de igual modo, festaxa a súa décima edición a partir das 10:00 horas. Pecha a oferta en ruta o Concello de Cerceda quen o día 3 e a partir das 18:00 e sobre una distancia de 11K., celebra a súa “Os 11 das vías”.

No referente a actividade en pista, Vigo centra boa parte da axenda, na que destacan os tres controis programados e que xunto ao Criterium,  Campionato Xunta de Galicia de clubs de Combinadas e o Trofeo marcha en pista, terán as pistas de Balaídos a pleno rendemento durante toda a fin de semana.

No campionato autonómico de clubs de combinadas, tomarán parte preto dun cento de atletas en representación dos clubs C.A Sada, Celta Atletismo, Agrupación Viguesa, Xuncas Diversia, Rías Baixas, Sociedad Gimnástica, Atletismo Deza, Millaraio e Ames At. Savante na procura do título autonómico que na categoría masculina defende a Gimnástica e na feminina o Xuncas Diversia.

Sen abandoar as instalacións municipais viguesas, o día 4 de maio levarase a cabo a terceira xornada do II Circuito galego de marcha en atlética que durante este ano 2025 percorre as distintos circuitos da nosa comunidade.

No medio de ambas, tamén haberá tempo para ofertar unha ampla variedade de probas e concursos que forman parte dos tres controis FGA programados para os días sábado e domingo.

Para pechar, o club Riazor Coruña organiza unha xornada de control nas pistas de Elviña da UDC o día 2 de maio a partir das 17:00 horas e as pistas de Atletismo Josefina Salgado de Pereiro de Aguiar, acollerán a interesante fase final da Copa Deputación de Ourense de Atletismo xuntando aos máis importantes atletas base Sub10 e Sub12 da proviza a partir das 10:00 horas do xoves día 1.

Compartir