De Ferrol a Tokio pasando por Tarragona, as grandes citas do aire libre

O calendario oficial de actividades da Federación Galega, continúa ampliando a súa oferta ca incorporación de novas probas nas distintas modalidades e que levarán a organizar, ata o momento, un total de 155 probas das cales 74 serán de aire libre, 71 de ruta, e 10 de trial running.
Entre as que acaparan protagonismo están as de aire libre, ruta e trail, toda vez que a pista curta e o campo a través remataran xa as súas competicións ata o próximo inverno.
Foi precisamente a pasada fin de semana en Vigo, durante a disputa da Copa máster de clubs, cando oficialmente daba comezo a tempada de verán e que terá continuidade este sábado en Santiago, ca celebración dos Campionatos Xunta de Galicia de 10.000 m., 5.000 m., así como o de Combinadas e Pentatlon de lanzamentos máster.
As grandes citas
A nivel autonómico a cita máis importante será a celebración do Campionato absoluto que viaxará ata as pistas ferrolás da Malata despóis de que o fixera por última vez no ano 2011. A cidade departamental tamén acollerá o autonómico Sub14 o quince de xuño e a edición de combinadas Sub23/Sub20/Sub16 para o día un de maio.
O resto de campionatos individuais celebraránse o 22 de xuño en Lugo o Sub23; o 31 de maio en Pontevedra o Sub18; o 21 de xuño en O Barco o Sub16 e os días 01 de xuño e 05 de xullo na que Santiago acollerá respectivamente o Máster e o Sub20
Actividade internacional
No que atinxe á axenda estatal, será o Campionato de España absoluto o que centre boa parte das aspiracións e obxectivos do ano en curso e que o levarán nesta edición, ata as terras de Tarragona do un ao tres de agosto. Por último, a nivel internacional, nova oportunidade para disfrutar do mellor atletismo ca celebración do 13 ao 21 de setembro na cidade de Tokyo do Campionato do Mundo na que se darán cita as principais figuras do noso deporte e da que seguro contaremos con representación galega.