O Atletismo Sada parte como favorito na Copa máster

A categoría máster terá esta fin de semana nas pistas de viguesas de Balaídos, unha nova cita ca disputa da VIII Copa de Clubs á que acuden un total de oito equipos masculinos e catro femininos.
Entre a relación de participantes, o Atletismo Sada aspira a gañar en ambas categorías como xa fixera na pasada edición logo de impoñerse ao Samertolameu na disputa levada a cabo en Pereiro de Aguiar e na que Marineda en homes e Purísima en mulleres completaron os postos de podio.
Para esta edición tomarán parte os conxuntos do At. Sada, Samertolameu, La Purísima e Gimnástica en ambas categorías así como SD Compostela, Marineda At., Ourense At. e C.A.Santiago na masculina.
A competición será en horario de mañán, dando comezo as 10:00 horas e rematando as 14:00.