Saltar ao contido
Carreiras Populares

Toques, abre esta fin de semana o XI Circuito de Carreiras da Deputación da Coruña

Esta fin de semana o Concello de Toques será o encargado de abrir unha nova edición correspondente ao XI Circuito de Carreiras da Deputacion da Coruña que xuntará como cada ano, a milleiros de atletas polos concellos galegos da provincia herculina.

Nesta edición, están programas un total de 35 probas que se irán disputando as fins de semana desde abril ata decembro deste 2025 e que percorrerán boa parte da xeografía coruñesa.

Lembramos que este circuito nace ca principal finalidade de ofertar á cidadanía unha importante ferramenta socializadora e vertebradora municipalista entre os distintos concellos e comarcas coruñesas, fomentando ao mesmo tempo, unha serie de hábitos de vida e hixiene saudables.

Ao longo destas once edicións estímase que máis de 200.000 participantes disputaron algunha das máis de 300 probas que se viñeron disputando ata o momento, o que converten a este circuito nun dos máis importante de todos cantos se desenvolven a nivel autonómico.

Compartir