Presentouse o XIII Circuito de Carreiras Populares Correndo por Ourense

No día de hoxe tivo lugar a presentación en Ourense do Circuito de Carreiras Populares Correndo x Ourense que este ano se achega ata á súa edición número trece.
No acto estiveron presentes o concelleiro de deportes da cidade, Anibal Pereira así como o Vicepresidente da FGA Eladio Gómez. Xunto eles tamén acudiron entre outros, Jorge Encimas, Xerente do CMD; Santiago Escudero do CMD; Lalo Arce de Runmaniak Box 001 e Pepe Álvarez membro da Xunta Directiva da FGA e Presidente do Ourense Atletismo
Ao igual que en edicións anteriores, a organización márcase como obxectivos lograr un novo éxito tanto en número de participantes como en achegar o atletismo, como gran referente das manifestacións populares deportivas, as rúas da cidade. Para elo, programaronse un total de sete carreiras en diferentes localizacións do concello que darán comezo o vindeiro 27 de abril e rematarán o 19 de outubro.
- Carrera do Vinteún (27 de abril)
- Carreira do Couto (24 de maio)
- Carreira do Centro (07 de xuño)
- Trail Oira-San Tomé (29 de xuño)
- Carreira de Mariñamansa (7 de setembro)
- Carreira da Ponte (28 de setembro)
- Carreira da Carballeira (19 de outubro)