Saltar ao contido
Federación

Batríz Rivas, mellor xuíz anual RFEA 2024

Beatriz Rivas foi escollida polo Comité Nacional de Xuíces (CNJ) como mellor xuíza española de 2024.

Membro do Comité Galego de Xuíces (delegación da Coruña) ,e que recentemente cumplía 48 anos, adquiriu a categoría de Xuíz Territorial en 1998, para ascender ao Nivel I RFEA en 2009, ao Nivel II en 2013 e, finalmente, ao Nivel III en 2020.

No 2024, estivo presente a nivel internacional como Delegada Técnica en Meeting Stanislas de Nancy (Francia), ademais de ser Xuíza Árbitra de Concursos no World Indoor Tour Gold Madrid 2024, así como Directora de reunión no XXXVII GP Internacional Cantóns da Coruña – Trofeo “Sergio Vázquez” da Coruña

En canto a a súa presenza noutras probas de Calendario Nacional, destacar a súa participación no LX Campionato de España Absoluto Short Track de Ourense

Ca premiación de Beatríz, xa son un total de dez os xuices que foron distinguidos tanto con este galardón como co de mellor xuiz nóvel o que evidencia a gran reputación que este importante colectivo goza no noso deporte.

Relacións de premiadas e premiados pola RFEA

  • Dolores Rojas (2002)
  • Jorge Blanco (2011)
  • Angel Lopez Montesinos (2012)
  • Guillermo Sandino (Mellor Xuíz Nóvel 2015)
  • Andrés Anxo Pérez (Mellor Xuíz Nóvel 2016)
  • Rubén Martínez (Mellor Xuíz Nóvel 2020)
  • Estefanía Acuña (Mellor Xuíz Nóvel 2021)
  • Manuel Garrido (2021)
  • Loreto Pérez (2023)
Compartir