Saltar ao contido
Federación

Os XOGADE toman a pista

A principios deste mes daba comezo a actividade XOGADE de aire libre para este 2025 na que se agarda que milleiros de nenas e nenos de máis dun cento de clubs, colexios e agrupacións deportivas, tomen parte.

Logo da éxitosa tempada de campo a través que tería a súa gran final no Concello de Poio o pasado 11 de xaneiro, arrincaban a principaios do mes de marzo as primeiras xornadas de pista ao aire libre que contarán cun total de trinta e sete xornadas distribuidas ao longo dos meses de marzo, abril, maio e xuño polos concellos de Santiago, Lugo, Cervo, Ourense, O Barco, Ferrol, A Pobra, Pereiro de Aguiar, Vigo, Pontevedra e A Estrada.

A diferencia do campo a través, nesta fase de aire libre, non haberá unha última xornada de campionato galego, rematando as probas cas distintas fases finais provinciais.

Filosofía dos Xogade

Xogade (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar) é un programa nado na tempada 2009/10 para dar resposta ao Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia, en colaboración coas federacións e agrupacións deportivas escolares galegas. Máis do 50% dos/as escolares galegos/as de entre 6 e 16 anos gozan da experiencia Xogade, chegando a preto de 150.000 nas últimas tempadas.

Este programa ten como iniciativa levar a actividade a todos os concellos galegos, mentres brinda a todos/as os/as escolares galegos/as a posibilidade de practicar e competir con outros colexios e clubs.

O programa Xogade combina no seu modelo deportivo competición e participación para os/as escolares dos centros educativos de toda Galicia.

Xornadas XOGADE Aire libre 2025

A CORUÑA

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

Compartir