Saltar ao contido
Atención
As inscricións para os Campionatos Xunta de Galicia en Pista pechan con dúas semanas de antelación
Federación

Galicia conta cun total de corenta circuitos homologados en ruta

O atletismo en ruta, xunto ás modalidades de pista, pista curta, trail e cros, move cada ano nos distintos concellos galegos, a milleiros e milleiras de atletas populares que buscan neste tipo de actividades, unha excusa perfecta para practicar deporte e manter uns hábitos de vida saudables.

Neste aspecto, son moitos os concellos e organizacións que traballan cada ano para organizar e preparar as distintas carreiras que enchen o calendario oficial de probas en ruta, e que de paso, buscan atraer ao maior número de atletas posibles ás súas edicións. Entre os varios motivos que se ofertan, ademáis dos sempre ben recibidos agasallos, trofeos ou premios e en metalico, está o feito de contar cun circuito homologado que permita ao participante ter un referente oficial do seu rexistro co cal ademáis, poder aspirar a entrar no raking galego oficial.

Neste aspecto, a nosa comunidade conta cun total de corenta circuitos homologados con data vixente, espallados ao longo das catro provinzas nos que salienta A Coruña cun total de 26 válidos. Xunto a provinza coruñesa, sitúanse as provinzas de Pontevedra con sete, Ourense con cinco e Lugo con dúas.

Con respecto as súas distancias, van desde os máis curtos de 1.000 metros e cuxas homologacións acreditan os concellos de Milladoiro (Ames), A Pobra, A Coruña e Marín, ata o máis longa da Maratón Atlántica de A Coruña.

O resto de circuitos homologados corresponden a Santiago, Guntín, Ames e Lourenzá na proba de Milla; Vimianzo, As Pontes, O Barco e Santiago nos 5K; Moaña, A Coruña, Ourense, Padrón, O Barco, Carballo, San Cibrao das Viñas, O Porriño, Narón, Santiago, Ferrol, Marín e Ames na 10K.

Neste ano 2025 algúns concellos e localidades, logo caducar a súa homologación, están traballando para recuperala. Entre eles están A Estrada, O Pedrouzo, O Pino, Xinzo, Negreira, Moraña e Ribeira.

Compartir