Saltar ao contido
Sen categoría

Salamanca recibe aos Sub20

39 atletas en total (21 mulleres e 18 homes) forman parte do grupo de galegas e galegos que tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España que acollerá a cidade de Salamanca.

Entre as actuacións galegas destacan nas probas de velocidade Mauro Vázquez do Vila de Cangas quen estará loitando por un posto de finalista na proba dos 60 m.

A campioa de España Sub18 Celia Castro, acude con serias opcións de medallas na proba dos 800 m. na que tan só a medalla de ouro parece ter propietaria. Continuando co medio fondo, o bronce de aire libre Sub18 Iker Fernández de A Gándara, intentará pola súa banda, estar nos postos importantes da proba dos 1.500 m. Sobre os 3.000 m.  estaremos pendente da actuación do campión de España Sub18 Teo de Frutos do Lucus Caixa Rural quen estará pelexando os postos importantes

Pasando aos valos, tanto Aroa Martínez do Rías Baixas como Leo Rodríguez do Celta Atletismo e Pablo García do ADAS CUPA posicionanse como serios candidatos a estar na final sobre 60 v.

Na modalidade de saltos, a pértega terá na ourensá Manuela Blanco a máis firme candidadata ao título de campioa de España nun concurso no que marcha ao fronte claramente do ranking con 3.95 m. Sobre o foso de triplo Gonzalo Cuns do At. Negreira acude cun 14.71 m. nun campionato no que os metais están ao alcande do medallista de bronce Sub18 de aire libre.

Por último no lanzamento de peso, Gema da Costa do Vila de Cangas será outra das atletas importantes que estará en Salamanca na procura dos postos destacados.

Compartir