A nova altura de Saleta Fernández

Logo de que a pasada semana anunciara oficialmente a súa retirada, Saleta Fernández, cambiará as pistas pola oficiña para pasar a formar parte do equipo de traballo da Federación Galega de Atletismo.
E será precisamente sobre aquelo no que a monfortina campioa de España e plusmarquista galega de salto de altura, mellor sabe facer, desde aqueles cometidos nas que as tarefas de organización e de coordinación, entre outras, así se precisen.
Saleta, que o vindeiro 15 de xullo cumplirá 28 anos, encara esta nova etapa “moi feliz e con moitas gañas de asumir este novo reto que me vai permitir seguir en contacto directo con este mundo que tanto me aportou”
Logo de máis de dez anos por fora de Galicia que comezaban despóis do seu paso polo CGTD de Pontevedra, e que a levaban ata Santander para adestrar co gupo da campioa olímpica Ruth Beitia, manisfestaba que “A verdade e que levaba moito tempo fora e malia que estaba moi ben, tiña gañas de estar de volta”
Esta mesma fin de semana poderémola ver xa, na importante cita que se levará a cabo no Concello de Marín durante a disputa do Campionato de España de marcha en ruta.