Saltar ao contido
Federación

Falece a xavelinista internacional Felicea Tilea Moldovan

Novas tristes as que nos chegan no día de hoxe e que falan do falecemento da xavelinista internacional rumana afincada en Galicia desde facía varias décadas, Felicea Moldovan logo dunha dura loita contra o cancro nos últimos catro anos.

Felicea Moldovan foi unha extraordinaria lanzadora de xavelina rumana nada no ano 1967 que chegaría a lanzar por enriba dos sesenta e sete metros. A nivel de resultados deportivos, o seu maior éxito foi o subcampionato do mundo celebrado en Gottemburgo no ano 1995 ca seleccion rumana.

Con posterioridade a esa data, viaxaba a Galicia afincándose definitavamente en Pontevedra desde onde seguiría competindo e lanzando baixo as ordes, entre outros adestradores, de Santi Ferrer con quen estivo durante nove anos.

Pasou por varios clubes entre eles, a Gimnástica de Pontevedra, competindo en varios campionatos máster e logrando destacados resultados e rexistros. Entre eles destácase o vixente récord do mundo máster50 con 45.53 m. do ano 2013 en Madrid e os tamén vixentes récords de España nas categorías máster45 e máster50.

Compromiso

Malia provir dunha cultura e costumes distintos, amosou en todo momento unha extraordinaria capacidade de traballo e un non menos extraordinario compromiso co atletismo galego, acudindo a todas cantas veces foi convocada para tomar parte ca Selección Galega de Atletismo e cuxas actuacións, resultaron sempre moi destacadas.

Descanse en paz

 

Compartir