Saltar ao contido
Atención
As inscricións para os Campionatos Xunta de Galicia en Pista pechan con dúas semanas de antelación
Campionato de Galicia

Ames coroa aos mellores no Campionato Galego de TR Preclassic

O Concello de Ames acollía o pasado sábado 22 de febreiro o Campionato Xunta de Galicia de TR na modalidade de Preclassic que se disputaba conxuntamente co VI Trail e Andaina Ribeiras do Tambre.

A proba que contou cunha alta participación que roldou os preto de 725 participantes, deixaba os triunfos na categoría Sub20 da mundialista internacional  en campo a través Emma Méndez da Atlética Lucense correspondendo o campionato masculino para o independente Eloy Martínez na categoría masculina.

Na categoría Sub18 foi o tamén independente Alex Tajes quen se proclamaba campión autonómico xunto a Eva Formoso do Triki Team ao igual que sobre a categoría Sub16 lograban o campinato Lucía Taboada da S.D. Compostela e Pablo Barreiro do Pinarium.

Podios Sub20 Mulleres/Homes

  • 1ª Emma Méndez (At. Lucense) 42:55/ Eloy Martínez (Indep.) 37:47
  • 2ª Sanda González (At. Lucense) 43:37/ Numo Moure (AD Fogar) 40:13
  • 3ª Julia Salvado (SD Compostela) 45:49/Adrin Sesar (CA Santiago) 40:19

Podios Sub18 Mulleres/Homes

  • 1ª  Eva Formoso (Trike Team) 52:36 / Alex Tajes (Indep.) 42:56
  • 2ª Aiala García (At+9Moraña) 56:30/ Diego Ferreira (Indep.) 43:16
  • 3ª Sabela Tuñas (C.A.Serres) 58:05 / Iago Costa (At. Lucense) 44:33

Podios Sub16 Mulleres/Homes

  • 1ª Lucia Taboada (SD Compostela) 48:43 / Pablo Barreiro (Pinarium) 44:52
  • 2ª Alma Pereira (Comesaña SC) 51:08 / Nicolás Lorenzo (At. Estrada) 46:38
  • 3ª Helia García (Ría de Foz) 52:45 / Fabio de las Heras (At. Lucense) 46:53

De igual modo os gañadores absolutos da edición popular do Trail Ribeiras do Tambre na modalidade de Trail Longo foron Nerea Castro e Eloy Martínez e na edición curta Emma Méndez da At. Lucense e Jaime García do At. Narón

Compartir