A marcha abre as sesións técnicas do PGTA este 2025

Continúase este 2025 desenvolvendose as distintas sesións de caracter técnico organizadas pola Federacion Galega de Atletismo a través dos seus distintos responsables de sector.
En concreto para este 22 de febreiro, e dentro do Programa Galego de Tecnificación Atlética (PGTA) , levarase a cabo nas pistas universitaras da USC de Santiago de Compostela, unha sesión técnica dirixida ao sector de marcha atlética.
A responsable do sector, Mayka Jueguen facilitaba a relación dos 28 convocados e convocadas para este xornada á que tamén están convidados a participar os adestradores dos atletas seleccionados.
Este encontro será un excelente motivo para facer un plan de seguimento e control de cara a cofeccionar a Selección Galega de marcha que representará a Galicia no Campionato de España por Fedederacións a desenvolver no concello pontevedrés de Marín o vindeiro día 9