Saltar ao contido
Atención
As inscricións para os Campionatos Xunta de Galicia en Pista pechan con dúas semanas de antelación
Campionato de Galicia

Cita este sábado cos máster no galego de lanzamentos longos

A Federación Galega de Atletismo organiza este sábado día 25 o IX Campionato Xunta de Galicia de lanzamentos longos máster a partires das 10.15 horas na Cidade Deportiva de Vista Alegre de Ordes.

A esta cita acuden máis de medio cento de atletas en representación dun total de doce clubs procedentes de todas as provincias galegas.

Presenza destacada de campións e campioas de España

Entre a relación de participantes figura a presencia de varios dos campións de España do ano pasado na localidade murciana de Lorca entre os cales está o M60 Javier Viteri do Samertolameu quen tomará parte nos concursos de disco e xavelina.

Outra das campioas de España 2024, Angeles Rodríguez  do Club Atletismo Sada na F65, estará tomando parte nas modalidades de disco, martelo e xavelina, ao igual que Elisabet Pazo do Samertolameu na F50 sobre disco e xavelina.

Tamén estarán sobre Vista Alegre varias e varios dos plusmarquistas galegos como,  Carlos Ferrer do Samertolameu en disco e martelo,  Loreto Brea da Gimnástica en martelo ou Ana Abuín do Samertolameu a quen poderemos seguir sobre o círculo de martelo e o corredor de xavelina.

 

Compartir