A emoción da Copa indoor chega este sábado

Toda a emoción e a incerteza da Copa de Clubs absoluta, acude este sábado a partir das 16:00 horas ao recinto cuberto de Expourense na que estarán tomando parte un total dez formacións na procura de inscribir o seu nome nun palmarés ao alcance de tan só cinco equipos.
A Gimnástica, gran domiñador masculino
A Gimnástica de Pontevedra encabeza o palmarés de equipos con máis títulos nas súas vitrinas. En concreto, a formación do Lérez acumula un total de dazaseis títulos dos cales, cinco son do su equipo feminino e once do masculino, logrados estos últimos de manera ininterrumpida desde o ano 2013.
O Celta Atletismo sigue no palmarés aos pontevedres logo de sumar un total de trece títulos e ser na actualidade o domiñador na categoría feminina con nove copas. O Ría Ferrol con dous títulos en mulleres, Atletismo Coruña (xa desaparecido) con dous en homes e o Ourense Atletismo cunha na feminina, pechan esta relación.
A Copa feminina estará moi aberta
Para este ano novamente toda a emoción estará centrada na categoría feminina onde un sorprendente Ourense Atletismo daba a sorpresa o ano pasado impoñéndose por tan só medio punto de diferenza ao equipo da Gimnástica quen xunto ao Celta Atletismo e Ría Ferrol, manterán unha emocionante disputa.
En homes, todo apunta a que será novamente a Gimnástica o gran favorito para sumar o seu décimo segundo título consecutivo. Fronte eles estarán Celta Atletismo, Lucus Caixa Rural e Atletismo Santiago, na loita directa tanto pola Copa como polos postos de podio.