A Rúa acolle esta fin de semana o campionato galego de campo a través

Sen apenas casi tempo de dixerir as uvas de fin de ano, o calendario de probas oficiais da Federación Galega de Atletismo continúa avanzando neste incipiente 2025.
Esta fin de semana o Concello de A Rúa será quen reciba aos máis de medio milleiro de atletas que se darán cita no circuito de O Aguillón para disputar unha nova edición do Campionato Xunta de Galicia de Campo a través individual e por equipos para as categorías absoluta, Sub23, Sub20, Sub18 e Sub16.
A cita máis importante do calendario invernal do atletismo galego, xuntará aos mellores especialistas ca mente posto neste importante título en cuxo palmarés figuran ilustres da talla de Carlos Pérez, Álvarez Salgado, Alejandro Gómez, Pedro Nimo, Estela Estévez, Julia Vaquero ou Ester Navarrete entre outras e outros.
Emoción e disputa
Entre a relación de participantes destacados para esta edición, contaremos ca presenza do olímpico en París-24 na modalidade de Triathlon, Antonio Serrat quen compite defendendo as cores do Real Club Celta e quen intentará lograr o seu terceiro título autonómico logo dos colleitados nos anos 2019 e 2022. Xunto el, o bronce individual do ano pasado, Esteban Iglesia do Lucus, intentará plantar cara na loita polos metais.
Na categoría absoluta feminina a priori a internacional Sub23 da Gimnástica de Pontevedra Isabel Caeiro parte como unha das favoritas ao podio como xa o fixera sendo Sub20 en Xinzo de Limia. Nunha proba bastante aberta, estarán loitando tamén por este interesante título Uxía Pérez do Celta, Iria Fernández do ADAS CUPA ou mesmo Begoña Domínguez do Ourense Atletismo por citar só a algunhas.
No resto de categorías, estarán participando os gañadores do ano pasado na Sub20 Miguel Alvariño e Emma Méndez, ambos da Atlética Lucense como claros favoritos a reter o seu título.
Os internacionais en Trail Running Asheber Díaz do Celta e Sandra González da Atlética Lucense xunto á Gimnástica Sabela Martínez, serán outros dos que partan como favoritos sobre o circuito de O Aguillón na categoría Sub18.
Xa por último os gañadores do Alejandro Lorenzo do ano pasado tanto Lucía Ageitos do C.N.Riveira como Pablo Barreiro do C.D.Pinarium, postúlanse como uns dos favoritos para estar ocupando o máis alto do podio na categoría Sub16.
A clasificación por clubs estará moi aberta e nela poderemos ir comprobando parte do potencial dos equipos quenes estrean algunhas das súas máis importantes fichaxes de cara aos seus importantes compromisos neste 2025.