Saltar ao contido
Campionato de Galicia

O Celta Atletismo dominou o autonómico de combinadas por clubs

O  Celta de Atletismo foi o gran protagonoista esta fin de semana durante a disputa do Campionato Xunta de Galicia de probas combinadas por clubs que tivo lugar en Expourense. O equipo celeste lograba os triunfos tanto na categoría feminina como na masculina grazas as actuacións das súas atletas Gabriela Bouzada, Irene Méndez, Lucía Sánchez, Olivia Gutierrez,  e de Adolfo Sainz-Maza, Xoel Otero e Joel Sanatana.

Na clasificación xeral por clubs masculino, os vencedores sumaban un total de 13.644 puntos seguidos no segundo posto pola Gimnástica de Pontevedra con 10.777 p. ocupando o terceiro lugar o Club Atletismo Sada cunha suma total de 10.609 p. Por parte dos pontevedreses o seu mellor home foi Nicolás Quiñes e por parte do Sada destacaba a actuación de Gael Simal.

Pola súa banda, na categoría femina as celestes sumaban un total de 8.237 puntos estando acompañadas no caixón do podio polo Riazor Coruña con 8.046 puntos, e pola Gimnastica de Pontevedra con 7387 p. A herculina Daniela Andrea Laya e a pontevedresa Sara Baltar, foron as máis destacadas das súas formacións.

Clasificación Feminina

  • 1ª A.F.Celta,  8.237 p.
  • 2º Riazor Coruña,  8.046 p.
  • 3ª S. Gimnástica,  7.387 p.
  • 4ª C.A.Sada 7.162 p.
  • 5ª Rías Baixas, 6.996 p.
  • 6ª Ourense At., 6.821 p.
  • 7ª Xuncas Diversia, 6.795 p.
  • 8ª At. Deza 3.338 p.

Clasificación Masculina

  • 1º R.C. Celta, 13.644 p.
  • 2º S.Gimnástica, 10.777 p.
  • 3º C.A.Sada, 10.609 p.
  • 4º Xuncas Diversia, 10.552 p.
  • 5º At.Deza, 9.431 p.
  • 6º C.A.Millaraio, 9.163 p.
  • 7º Ames A. Savante, 7.436 p.
  • 8º A Piringalla, 6.339 p.

Compartir