Saltar ao contido
Federación

A FGA fai públicas as axudas de atletas do 2024 e anuncia o baremo para as do 2025

A Federación Galega de Atletismo ven de facer público as cuantías de axudas a atletas correspondentes ao ano 2024 así como os criterios de reparto para o 2025 polo que se repartirán un total de 30.000 € en cada exercicio.

No presente baremo se tiveron en conta as actuacións dos integrantes da Selección galega en todas as súas modalidades así como os resultados na participación individual dos campionatos de España e campionatos internacionais.

Entre os beneficiarios e beneficiarias destas axudas destaca a presenza dos olímpicos Ana Pelteiro, Antía Chamosa, Belén Toimil, Adrian Ben, Yulenmis Aguilar, Ester Navarrete e Tariku Novales xunto aos cales tamén se atopan importantes figuras xa consolidades ou emerxentes como Gerson Vidal Izaguirre, Daniel Chamosa, Aldara Meilán ou Alice Finot entre outras e outros.

O total de atletas con axudas ascende a un total de 85 deportistas

Un baremo de reparto sempre complexo de estabrecer

Desde a Federación, sinálase a necesidade de seguir apostanto por esta política de axudas que se intenta sexan “xustas, equitativas, transparentes e abertas a que todos e todas poidan optar, na medida das posibilidades orzamentarias da federación, ás mesmas en base aos logros deportivos acadados, sin obviar a importante dificultade que supón estabrecer uns baremos que satisfagan a todas e todos” Ademáis diso, Iván Sanmartín incidía na importancia que desde a súa chegada se lle está a dar a Selección Galega na procura dunha maior potenciación e participación de todas e todos e que se traduxo nun maior reparto económico entre quenes a integraron.

Incrementar as axudas

Malia que o reparto de axudas á atletas é un aspecto importante na actual programación estratéxica federativa, as políticas de axudas federativas non rematan aquí

A maiores para o 2025 destináranse un total de 20.000 € para o Plan Galego de Tecnificación que xa nas súas orixes de principios dos 90, foi un dos pioneiros no deporte galego en implantarse. Sobre este aspecto o máximo dirixente do atletismo autonómico apuntaba que “estamos traballando para implementar partidas orzamentarias que aumenten nos próximos exercicios tanto as cuantías de axudas destinadas aos atletas como sobre todo ás distintas áreas de Tecnificación, no que consideramos é a base angular do futuro do noso deporte”

Axudas 2025

De igual modo, esta mesma semana circulábase o documento pola que se regulan os criterios para o reparto de axudas no 2025 e que contará tamén cun orzamento de 30.000 €

Axudas atletas 2024

Criterios de axudas 2025

Compartir