Emoción e deportividade durante a disputa do XII Trofeo ABANCA

As categorías base do atletismo galego pasaron esta fin de semana por Expourense para disputar o XII Trofeo ABANCA de atletismo en pista baixo un fantástico ambente na que aprendizaxe e competición foron en todo momento da man.
Nunha instalación ateigada de público e atletas, fóronse desenvolvendo ao longo de toda a xornada do sábado as distintas probas que deron mostras do enorme traballo que adestradores e adestradoras están facendo por todos os recunchos da nosa xeografía, quitando e formando a un grandisimo número de rapaces e rapazas moitos dos cales, estaban presentes por vez primeira na instalación cuberta.
Emoción e deportividade
O trofeo que arrincaba as 10.30 horas vería como al longo de toda a mañan, os 32 equipos en liza das categorías Sub10 e Sub12 competían con moitísima motivación o que deixaba probas e concursos tremendamente disputados para o agrado e disfrute dos numerosísimos familiares que enchían as bancadas.
Por clubs, o Atletismo Narón foi un dos protagonistas do Trofeo xa que del foron os triunfos na categoría Sub12 tanto en homes como en mulleres e xunto ao cal tamén estiveron a Atlética Lucense, o Vila de Cangas e o ADAS CUPA. A categoría Sub10 estivo máis equilibrada ca Gimnástica de Pontevedra en mulleres e Atlética Lucense en homes logrando o primeiro posto da clasificación xunto a Atletismo Narón, Pinarium, Millaraio e Beade que estiveron tamén nos postos de honra.
Por último a xornada de tarde, e reservada para a categoría Sub14, foi un suma e sigue da mañán no tocante a emoción e entrega no que novamente o Atletismo Narón lograba impoñerse por equipos na categoría masculina e a Gimnástica de Pontevedra facía o propio na categoría feminina. Os mesmos equipos, xunto ao Ourense Atletismo, repartían os restantes posicións de podio.