Éxito do I Control de lanzamentos longos desenvolto en Ordes

A Federación Galega de Atletismo baixo o patrocinio do Concello de Ordes, organizaou esta pasada fin de semana unha intensa actividade da lanzamentos longos na Cidade Deportiva de Vista Alegre, contando ca presenza de preto de douscentos atletas procedentes de todas as provinzas da nosa comunidade.
As xornadas organizadas en sábado e domingo, serviron para ampliar a oferta de lanzamentos e satisfacer as necesidades dun sector punteiro e estratéxico do noso deporte que contará nasta instalación deportiva de Ordes, un excelente escenario para as súas competicións.
Bos resultados e moita participación.
Non puido contar cunha mellor estrea a zona de lanzamentos de Vista Alegre xa que si ben é certo que a mañán do sábado comezou fresquiña, os graos pouco a pouco comezaron a quentar as instalacións ordenses que deron como resultados a consecución da mellor marca estatal do ano a cargo do atleta sub16 do Ourense Atletismo Javier Cid quen lanzaba o martelo de 4 Kg. ata os 62.07 m.
A maiores compre salientar os nada menos que as trinta e oito mellores marcas personais logradas polos participantes nos concursos de xavelina, martelo e disco que pon de manifesto a idoneidade desta instalación que contou con comentarios unánimes moi positivos de aprobación salientándose entre outros, a calidade do círculo de martelo e disco, ” un dos mellores de Galicia que permite un bo agarre pero sin enlentecer”
Para estas xornadas a organización dispuxo todos cantos medios tivo ao seu alcance para que tanto público como atletas, poideran disfrutar destas fantásticas xornadas de lanzamentos nas que por faltar, non faltou nin as marcas semicirculares das zonas de caídas nin os conos desde os 20 ata os 50 m.
Agradecementos
Desde a Federación Galega quérese agradecer e expresar novamente o gran traballo desenvolto por Pepe Domínguez,polo Concello de Ordes así como polo Club Atlética A Silva-Ordes para artellar esta importante instalación que acollerá no sucesivo importantes competicións do sector de lanzamentos.