Saltar ao contido
Atención
As inscricións para os Campionatos Xunta de Galicia en Pista pechan con dúas semanas de antelación
Campionato de Galicia

Vilagarcía decide os títulos galegos de media maratón

A Federación Galega de Atletismo e a Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa, organizan o XXXII Campionato Xunta de Galicia de Medio Maratón Absoluto, Sub 20, Sub 23 e Máster, o domingo 24 de novembro. Será o citado concello quen reciba por segunda vez consecutiva esta proba á que están chamados a tomar parte  un total de 368 atletas.

Ante a ausencia dos campións galegos do pasada edición, a priori os favoritos na categoría absoluta poderían ser tanto Alvaro Prieto do Atletismo Corredoiras como María Jesús Conde do Lugo Running Club quenes o ano pasado lograban o subcampionato autonómico.

No resto de categorías destaca a participación dos campións e campioas galegas: Silvia García do Atletismo Noia na F35; Alejandro Pesado do ADAS CUPA na M45; Santiago Falcón da A.D. Olímpia na M55; Teresa Castro do A. Noia na F55; Manuel Suárez do Veteranos de Samil na M65; Gonzalo Vázquez do Esprintes Ourense na M70; Roberto Rey do Veteranos de Samil na M75 e Julio César Constela do Atletismo+9 Moraña na M80.

Tanto a saída como a meta estará ubicada na avenida da Mariña desde a que arrincarán os distintos atletas inscritos ás 10.30 horas.

Clasificación por clubs

De maneira paralela, este campionato Xunta de Galicia servirá para premiar aos mellores equipos autonómicos á que acuden máis de cincuenta clubs achegados de todos os recunchos da nosa comunidade. Entre os mesmos, atópase o gañador do ano pasado na categoría masculina, o ADAS CUPA así como o subcampión na feminina, a S.D. Compostela Atletismo.

Foto Diario O Salnés

Compartir