Saltar ao contido
Atención
As inscricións para os Campionatos Xunta de Galicia en Pista pechan con dúas semanas de antelación
Federación

Curso de primeiros auxilios para os deportistas do Club Atletismo Deza en Lalín

O Club Atletismo Deza concluíu as xornadas do Plan Corresponsable da Xunta de Galicia cun exitoso curso de primeiros auxilios, organizado pola Federación Galega de Atletismo.

Entre 50 e 60 deportistas de diversas idades participaron activamente nesta formación crave, que lles brindou ferramentas esenciais para actuar en situacións de emerxencia.

Durante o curso, os participantes aprenderon a xestionar situacións como atragoamentos e feridas con obxectos incrustados. Ademais, ensinóuselles o manexo do desfibrilador externo semiautomático (DESA), a posición lateral de seguridade así como os protocolos para actuar fronte a queimaduras, intoxicacións e paros cardíacos.

A formación incluíu tres estacions prácticas: unha enfocada en reanimación cardiopulmonar (RCP), outra na posición lateral de seguridade, e unha máis sobre como actuar ante un atragoamento.

Grazas a esta iniciativa, os deportistas do Club Atletismo Deza finalizaron as xornadas con coñecementos crave en primeiros auxilios, fortalecendo a súa capacidade para enfrontar emerxencias tanto dentro como fóra das pistas.

Compartir