Saltar ao contido
Atención
As inscricións para os Campionatos Xunta de Galicia en Pista pechan con dúas semanas de antelación
Campionato de Galicia

Presentación do autonómico de cros por remudas mixtas

No día de hoxe tivo lugar a presentación do Campionato Xunta de Galicia de Campo a través de remudas mixtas que terá lugar o vindeiro día 12 do outubro no Concello de Ames.

Ao acto asistiron o alcalde do Concello de Ames Blas Gracía, o presidente da FGA Iván Sanmartín, a Concelleira de Deportes Susana Señarís, o presidente do Atletismo SAR Fernando Saínz, o reponsable do circuito e membro do Atletismo Ames, David García así como o Fernando Vales do atletismo Santiago, en representación de atletas.

O campionato que abre as grandes citas autonómicas de campo a través do noso deporte, disputarase o vindeiro día 12 de outubro sobre unha distancia de 6.000 m. localizada sobre o circuito de Aldea Nova (a carón das pistas municipais de tenis) a partir das 11.00 horas

Para este evento, agárdase a participación dun nutrido número de equipos que buscarán o primeiro campionato autonómico por conxuntos desta tempada e na que novamente o actual campión ADAS CUPA, será o rival a batir.

I Cros Concello de Ames

Xunto a este campionato tamén se levará acabo o I Cros Concello de Ames aberto para as categorías Sub10, Sub12, Sub14, Sub16 e Sub18 que darán comezo ás 11:40, unha vez remate a proba principal.

As inscricións, para esta primeira edición, serán de balde estando abertas ata o vindeiro mércores día 9 de outubro.

Circuito permanente

O Circuito de Aldea Nova debuta nesta edición como escenario de campo a través, converténdose no primero con categoría de permanente desta modalidade. Con esta medida, que ven impulsada polo Concello de Ames, ampliarase significativamente as posibilidades do sector na nosa comunidade de cara á disputa de campionatos e probas oficiais.

Compartir