Saltar ao contido
Federación

Convocatoria Extraordinaria probas de acceso ao CEAGA

Pola presente, convócanse as probas de acceso extraordinarias correspondentes ao Ciclo Inicial de Técnico Deportivo en Atletismo do Grao Medio para o curso 2024/2025 e cuxa inscrición será ata o 11 de setembro no CIFP Universidade Laboral

Lembramos que para poder cursar esta formación, a desenvolver polo CAD Atletismo Galego a partir de setembro de 2024 na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña (INEF Galicia) en xornadas presenciais, deberanse superar previamente unhas probas de acceso que se levarán a cabo na seguinte data e lugar:

  • Lugar: INEF GALICIA (Oleiros)
  • Rúa: Av. Ernesto Che Guevara,121
  • Concello: Oleiros
  • Data:  18 de setembro de 2024
  • Hora: 10:00 horas.

Convocatoria Probas de Acceso. Ciclo Inicial

DOGA 89

Compartir