Saltar ao contido
Atención
As inscricións para os Campionatos Xunta de Galicia en Pista pechan con dúas semanas de antelación
Federación

Relevo na Presidencia do Comité Galego de Xuíces

No día de hoxe Eloy Bretal comunicaba ao Presidente da Federación Galega de Atletismo Iván Sanmartín a súa decisión de non seguir ao fronte como presidente do Comité Galego de Xuices por motivos estrictamente personais, logo de estár dirixindo o citado Comité durante máis de once anos.

Nun breve comunicado, o xa expresidente dos xuíces galegos e galegas anunciaba que “ O motivo é de índole persoal e obedece a un cansancio acumulado de moitos anos de actividade que fixeron que acabara tomando a decisión de parar por un marxe de tempo. Quero amosar a miña gratitude á confianza depositada en todo momento por Iván Sanmartín e de toda a súa Xunta Directiva así como a do resto de estamentos atléticos durante todos estes anos”.

Pola sú banda, o presidente da FGA Iván Sanmartín amosaba a súa total comprensión e apoio á decisión adoptada, expresando “…o meu recoñecemento ao gran traballo levado a cabo por Eloy Bretal ao fronte da presidencia do Comité durante todos estes anos. A súa gran capacidade de traballo, o seu talante e o seu carácter conciliador deixan un listón no noso atletismo moi alto”.

Angel López-Montesinos, será o novo Presidente

O relevo do CGX será collido polo xuíz nivel III da Delegación en Ourense Ángel López Montesinos pertencente ao panel de Dirección Técnica da RFEA quen xa coñece o cargo por ter sido presidente do CGX durante un breve período de tempo.

Ademáis de ser un perfecto coñecedor da realidade e das necesidades dos xuíces galegos e galegas, destaca no seu currículo o de ter sido mellor xuíz RFEA no ano 2012.

Na foto,  Ángel López-Montesinos, Eloy Bretal, Iván Sanmartín e a Subdirectora Xeral de Xestión Deportiva Mar Teijeiro durante o último congreso de Xuíces celebrado en Compostela.

 

Compartir