Saltar ao contido
Atención
As inscricións para os Campionatos Xunta de Galicia en Pista pechan con dúas semanas de antelación
Campionato de Galicia

Gran festa indoor do atletismo base galego

Excelente fin de semana o vivido durante o transcurso dos Campionatos Xunta de Galicia Sub10-Sub12 e Sub14 que xuntaron nas instalacións cubertas de Expourense e Riazor a preto de 800 atletas achegados de todos os recunchos da nosa comunidade.

A tónica dominante de ambos foi o excelente ambente competitivo e a enorme motivación que amosaron os atletas en cada unha das probas e concursos nas que tomaron parte e que levaron consigo o rexistro de moi boas actuacións a nivel xeral.

Novamente traballo de dez, para as adestradoras e adestradores dos distintos clubs e entidades deportivas quenes estiveron durante todo o fin de semana acompañando e guiando as máis pequenas e pequenos do noso deporte.

A nivel de resultados destacamos as moi boas actuacións levadas a cabo a nivel xeral, en especial as rexistradas na categoría Sub14 por Iago Gómez da Gimnástica quen sobre os 60 valos realizaba unha marca de 8.73 e a de Andrés Álvarez do ADAS CUPA quen no concurso de altura saltaba ata os 1.14 m.

No tocante a categoría Sub12 Valeria Mera do Atletismo Narón na lonxitude alcanzaba os 4.56 m. e Sara Mourente da Gimnástica de Pontevedra na categoría Sub10 paraba o crono nos 50 m. en 8.02.

Compartir