Saltar ao contido
Campionato de Galicia

Un total de catro campionatos de Galicia agardan esta fin de semana

Catro serán os campionatos Xunta de Galicia que se disputarán esta fin de semana e que centrarán moi boa parte da axenda competitiva programada.

Campionato Xunta de Galicia Sub16

Para comezar na pista cuberta de Expourense poderemos presenciar o Campionato Xunta de Galicia Sub16 no que tomarán parte a partir das 10.50 horas do sábado, preto de 350 atletas.

Entre as atletas inscritas e inscritos figuran dous prometedores valores que lograban recentemente en A Pobra do Caramiñal o campionato de Galicia en idade escolar, Sabela Castelo do San Miguel de Marín quen tomará parte nos 3.000 m. e Alex Sierpes do Trega que sairá na proba dos 1.000 m. Outro dos atletas importantes presentes nesta cita é Hugo Casañas do Rías Baixas quen estará concursando sobre o círculo de peso.

Continuando ca relación de participantes, o actual campión galego de salto de altura  Gael Couñago da Asociación Deportiva Car, intentará reeditar o seu título ao igual que Irene Serantes do Marineda Atlético na proba dos nos 300 m. e Rocío Marín do C.D. La Purísima sobre o concurso de triplo.

De igual modo estarán tamén competindo algúns dos campións e campioas galegas do ano pasado na categoría Sub14 entre os que se atopan Aaron Pérez do ADAS CUPA quen tomará parte na proba dos 60 m.; Jimena Outes do Coruña Comarca e José Arufe do Atletismo Noia nos 600 m.; Daniela Vega do Riazor Coruña e Guillermo Piñeiro da Gimnástica nos 60 valos; Carmen Martínez da E.A.Lucense nos 1.000 m.; Rebeca Fernández do C.D. La Purísima en pértega; Noa Ardao do Atletismo Narón en triplo e Martina Bernárdez do Samertolameu en peso

Campionato Xunta de Galicia dos 3.000 marcha master de pista cuberta

Xa o domingo poderemos ver o desenvolvemento de dous campionatos o primeiro dos cales dará comezo ás dez horas ca proba dos 3.000 marcha máster na que tomará parte o campión mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda. Xunto ao coruñés estarán tomando parte o campión galego M35 da edición pasada Carlos Morales do Ourense Atletismo; Raquel Rodríguez na F40 do C.D. La Purísima e Emilia Rodríguez do C.A. Sada na F45.

Copa de Galicia de Clubs Máster

Logo da disputa do campionato de Galicia de marcha, darán comezo as distintas probas programadas para a Copa de clubs máster que se achega a súa quinta edición e na que toman parte:

  • Categoría masculina: Atlética A Silva; Samertolameu, Atletismo Narón, Atletismo Sada, C.D. La Purísima, Atletismo Santiago, Marineda Atlético e Ourense atletismo
  • Categoría feminina:  Atlética A Silva,  Samertolameu, Atletismo Narón, Atletismo Sada, C.D.La Purísima e Entrenarunning

Na categoría feminina o C.Atletismo Sada defenderá o título gañado o ano pasado, achegándose ademáis co aval da súa meritoria quinta praza lograda recentemente no Campionato de España de clubs máster de Antequera. En homes será o Atletismo Narón quen pola súa banda intentará reeditar o título do 2022.

Campionato Xunta de Galicia 5k 2022

Deixando a pista cuberta, Santiago celebrará tanto a súa San Silvestre como o Campionato de Galicia dos 5K que se tiveran que suspender a finais do ano pasado pola alerta de temporal.

Será o sábado cando a partir das 17.30 horas de comezo este campionato de Galicia no que tomarán parte un total de 226 participantes entre os cales se atopan as gañadoras da pasada edición:  Tina Fernández na F35 do Atletismo Sar; Manuel Suárez do Veteranos de Samil na M60  e os atletas do Comesaña S.C. Manuel Millara na M75 e a internacional Soledad Castro na F55.

Compartir