Saltar ao contido
Campionato de Galicia

Compostela abre as súas portas ao roteiro

As rúas de Compostela presenciaron este domingo unha excelente edición do Campionato de Galicia de menores de 1.000 m. e do Campionato de Galicia de Milla en Roteiro.

A esta cita acudiron un amplo número de atletas na procura de ir avanzando cara unha certa normalidade que está facendo que sen deixar de aplicar en ningún momento o protocolo COVID-19, se poidan ir desenvolver probas desta modalidade de roteiro.

A ampla participación do campionato de 1.000 m., tería resposta ca non menos numerosa presenza de atletas que tomaban a saída sobre o Campionato de milla en roteiro e cuxo título na categoría feminina correspondeu a internacional Uxía Pérez do Playas de Castellón con 5:16. O subcampionato iría parar a tamén internacional Sandra Mosquera do Comesaña S.C a dez segundos da gañadora, sendo bronce a Zelinda Spencer do Oviedo Atletismo.

Na categoría masculina o triunfo foi para Pablo Bocelo do Coruña Comarca quen marcaba un rexistro de 2:48.  A cinco segundo chegaba o Campión de España no ano 2012 e gañador galego desta modalidade nas edicións 2013 e 2014, Victor Rioboo da Gimnástica, quen malia estár na actualidade centrado noutros proxectos deportivos e laboráis, acadaba o subcampionato e un novo récord galego categoría M40 con 4:32 . O terceiro posto correspondeu a Gustavo Santiago do Miller Runing Club cun rexistro de 4:39

Seis récords galegos batidos e un igualado

Nesta edición establecerónse cinco récords galegos entre os que salientamos os de  Esther Pedrosa quen cun rexistro de 5:54 xuntaba esta categoría F60 aos seus récords de F45, F50 e F55 sobre esta mesma distancia. Domingo Alvarez na Máster 65 con 5:49 sería outro dos plusmarquistas, ao igual que o xa citado Victor Rioboo.  Pola súa banda Abel Barros do +9 Moraña igualaba o récord galego na categoría Máster45.

A maiores nas categorías de menores Alex Sierpes establecía un récord  sobre os 1.000  Sub14 con 2:57 ao igual que Sabela Castelo do Vila de Cangas na mesma categoría con 3:05. Novamente Xela Martínez na Sub16 lograba co seu rexistro de 3:01 unha nova plusmarca galega máis que engadir ao seu palmarés.

Gañadoras e gañadores galegose galegas 2021

  • Milla absoluta. Uxía Pérez (Playas de Castellón) 5:16 e Pablo Bocelo (Coruña Co.) 4:28
  • Milla Sub23. Mariam Ferrán (C.A.Santiago) 5:51 e César Otero (Olímpico V.) 4:44
  • Milla Sub20. C.Victoria González (A.Lucense) 5:50 e Iker González (A.Lucense) 4:40
  • Milla Sub18. Carolina Santos (Ría Ferrol) 5:43 e Marcos Cibreiro (C.A.Fene) 6:01
  • Milla Máster35. Zelinda Spencer (Oviedo At.) 5:26 José Sande (S.D.Compostela) 5:10
  • Milla Máster40. Mar Arzúa (Moraña R.) 6:00 e Victor Rioboo (S.G.Pontevedra) 4:32
  • Milla Máster45. Rebeca Soto (C.A.Narón) 6:12 e Abel Barros (At.+9 Moraña) 4:48
  • Milla Máster50. Inés Papín (C.A.Sada) 6:02 e Fco. Javier Campos (C.A.Santiago) 5:16
  • Milla Máster55. Soledad Castro (Comesaña S.C.) 6:22 e Jorge Veleiro (Burgas Ou.) 5:31
  • Milla Máster 60. Esther Pedrosa (P.Castellón) 5:54 e J.Manuel Fernández (Verxel Nutrición) 5:28
  • Milla Máster 65. Pilar Márquiz (C.A.Sada) 7:46 e Domingo Alvárez (Burgas Ou) 5:49
  • Milla Máster 70. Antonio Hernández (Mochila D.) 7:49
  • 1.000 m.  Sub10. Lena Curras (A.V.Cangas) 3:43 e Angel Refojos (A.V.Cangas) 3:41
  • 1.000 m. Sub12. Lidia Balseiro (Maderas Barcia L.) 3:26 e Enrique García (Franciscanos L.) 3:17
  • 1.000 Sub14. Sabela Castelo (A.V.Cangas) 3:05 e Alex Sierpes (S.A. Trega) 2:57
  • 1.000 Sub16. Xela Martínez (A.Lucense) 3:01 e Lucas García (Cedeira M.G.) 2:52

Compartir