Saltar ao contido
Trail Running

O Trail Running gaña terreo

Tres provincias da nosa comunidade forman parte do proxecto de creación da Rede Estatal de Instalacións Permanentes de Trail Running acreditadas pola RFEA.

O obxectivo deste proxecto ¨ é a creación en tres anos dunha rede de 50 instalacións permanentes en España de Trail Running Centers (TRC) e convertelas nos destinos de referencia nacionais para a práctica non competitiva deste deporte. Nestes intres, atópase preto de alcanzar o 50% do seu obxectivo, un fito ao que se chegaría en apenas seis meses desde o seu lanzamento¨ sinalan na RFEA

A rede recolle a esencia deste deporte, mediante roteiros sinalizados especificamente para Trail Running, e cunha gran variedade técnica e paisaxística:

  • Alta, media e baixa montaña
  • Bosques e chairas
  • Dunas e praias

As instalacións permanentes de Trail Running ( TRC) permiten aos seus usuarios adestrar sen masificacións, e practicar este deporte de forma segura, con roteiros adaptados a diferentes niveis de dificultade.

Este proxecto continúa a súa expansión e conta xa con 22 centros, dos cales tres están finalizados e os outros 19 en construción.

Nun momento en que o Trail Running está en auxe e ante a situación de pandemia que estamos a vivir, este tipo de instalacións turístico-deportivas son un mecanismo moi útil para promocionar e reactivar máis que nunca os concellos baleirados, fomentando de igual modo, o turismo deportivo.

Vídeo presentación

ProvinciaMunicipioZonaPromotorEstado
OurenseCastro CaldelasRibeira SacraConcello Castro CaldelasEn construción
LugoFolgoso do CaurelSerra do CourelConcello Folgoso do CourelEn construción
A CoruñaCariñoRias AltasConcello de CariñoEn construción
Compartir