As canteiras dos clubs galegos presumen en O Barco

Intenso e numeroso o Campionato de Galicia de Clubs Sub10, Sub12 e Sub14 o disputado no día de onte nas pistas de O Barco de Valdeorras que xuntou a 67 clubs e a preto dun milleiro de atletas.
A xornada da mañán daba comezo as 10:30 horas ca participación dos equipos Sub10 e Sub12 baixo un día na que os claros, nubes e auga íanse alternando. Malia elo, a verdadeira temperatura vivíase no tartán na que as gañas, a deportividade, e o entusiamo fixeron as delicias de todos cantos estaban presenciando o campionato nas ateigadas bancadas do Estadio.
Destacada actuación dos equipos locais, onde o ADAS Proinor na Sub10 e Sub12 masculina e o Ourense Atletismo na Sub12 feminina, proclamaríanse campións galegos por equipos. O triunfo na categoría Sub10 feminina iría cara ó conxunto do Club Atletismo Sada
Xa na xornada da tarde, sería o momento dos atletas da categoría Sub14 onde a nivel individual se viron destacadas actuacións tanto nas carreiras como nos concursos e na que o triunfo correspondería ó Atletismo Vila de Cangas en mulleres e ó Lucus Caixa Rural Galega en homes.
CATEGORÍA SUB10 | |||
CATEGORIA FEMININA | CATEGORIA MASCULINA | ||
1ª | C.A.Sada | 1º | ADAS Proinor |
2ª | ADAS Proinor | 2º | Ourense At. |
3ª | Franciscanos Lugo | 3º | C.D.Pinarium |
4ª | Ourense At. | 4º | C.A. Naron |
5ª | At.Vila de Cangas | 5º | C.P. Maristas Lugo |
6ª | C.A. Millaraio | 6º | C.A.Sada |
7ª | C.P. Maristas Lugo | 7º | At.Vila de Cangas |
8º | Franciscanos Lugo | ||
9º | Atlética A Silva | ||
CATEGORÍA SUB12 | |||
1ª | Ourense At. | 1º | ADAS Proinor |
2ª | Lucus C.R.G. | 2º | At.Fontes do SAR |
3ª | At.Vila de Cangas | 3º | Atlética A Silva |
4ª | C.A. Narón | 4º | Coruña Comarca |
5ª | C.A.Sada | 5º | At.Vila de Cangas |
6ª | Riazor Coruña | 6º | C.A. Millaraio |
7ª | Atlética A Silva | 7º | Ourense At. |
8ª | ADAS Proinor | 8º | Marineda At. |
9ª | C.A. Millaraio | 9º | C.A.Sada |
10º | At.Samertolameu | 10º | Atletismo Deza |
11º | Marineda At. | 11º | C.P. Maristas Lugo |
12º | Atletismo Deza | 12º | Lucus C.R.G. |
13º | C.P. Maristas Lugo | ||
CATEGORÍA SUB14 | |||
1ª | At.Vila de Cangas | 1º | Lucus C.R.G. |
2ª | A.Viguesa Atletismo | 2º | C.A. Millaraio |
3ª | Lucus C.R.G. | 3º | Ourense At. |
4ª | ADAS Proinor | 4º | Riazor Coruña |
5ª | A.Femenino Celta | 5º | ADAS Proinor |
6ª | At.Samertolameu | 6º | At.Vila de Cangas |
7ª | Atlética A Silva | 7º | Real Club Celta |
8ª | C.A.Sada | 8º | A.Viguesa Atletismo |
9ª | Ourense At. | 9º | C.A.Sada |
10º | Franciscanos Lugo | 10º | C.A. Narón |
11º | C.A. Narón | ||
12º | Marineda At. | ||
13º | C.A. Millaraio |