Samertolameu e Marineda Atlético, protagonistas no Máster de Clubs

Disputaríase no día de onte o I Campionato de Galicia de Clubs Máster ca participación de varios equipos que competirían nas pistas da Universidade de Elviña por inscribir o seu nome no palmarés desta primeira edición.
O campionato que gozaría dun día fabuloso, amosaría a consecución dun total de oito récords de Galicia así como a actuación destacada de moitos dos participantes que darían vistosidade e relieve a esta cita máster. Entre os mesmos compre salientar a presenza de atletas internacionáis absolutos que “retoman” a compitición en activo na procura de aportar o seu grao de area ós seus respectivos clubes como é o caso de Necho Fernández (internacional absoluto en xavelina) quen gañaría para o Marineda os concursos de disco e xavelina ou de Rosa Sierra (internacional absoluta en marcha na década dos oitenta) quen faría o propio nesta mesma especialidade para o Sada
Por equipos o Samertolomeu na categoría feminina e o Marineda A. na masculina, serían os gañadores compartindo podiu xunto eles respectivamente o Club Atletismo Sada e A Silva así como o Club Atletismo Santiago e o Samertolomeu.
Os récords batidos corresponderían a:
| W65 | 3:18.22 | Pilar Marquiz H. | C.A. Sada |
| W50 | 18.60 | Isabel Bermúdez C. | A Silva |
| M50 | 17.39 | José M. Gonta | A Silva |
| M60 | 47.47 | Miguel López C. | Marineda A. |
| M65 | 1:10.11 | Carlos Núñez C. | C.A. Sada |
| M60 | 1.48 | Miguel López C. | Marineda A |
| W50 | 18:23.09 | Rosa Sierra P. | C.A. Sada |
| W45 | 19:24.64 | Yolanda Abellán T. | Samertolameu |
Foto: Rosanita