Saltar ao contido
Campionato de Galicia

A raíña das probas en ruta agarda polos seus gañadores

O vindeiro domingo día 15 de abril acontecerá unha das grandes probas atléticas de ruta como é o desenvolvemento do Campionato de Galicia de Maratón que coincide ca disputa da a VII Maratón Atlántica A Coruña 42 organizada pola Federación Galega de Atletismo e o Concello de A Coruña.

Esta importante cita, que se achega a súa sétima edición, verá de novo polas principais rúas herculinas a varios centos de participantes disfrutar deste importante evento deportivo e social, que contará este ano ca participación de importantes especialistas á cabeza dos cales se atopan o olímpico portugués Luis Feiteira. En canto a participantes galegos estarán da mesma maneira na línea de saída Pedro Nimo, así como Mónica Granero que defenderá o título acadado o ano pasado, ou mesmo a gañadora do 2016, María Rosario Figueroa.

Ó longo de todas as edicións, a Marathon Atlántica foi escenario dos distintos Campionatos de Galicia malia que como é costume,  celebrarase de maneira parella unha proba de 10 km. que permitirá facer máis asequible a participación a todos cantos desexen tomar parte.

RELACION DORSAIS ASIGNADOS NA MARATHON

RELACION DORSAIS ASIGNADOS NOS 10 KM.

Lembramos que a retirada dos dorsais será hoxe venres 13, de 17:00 a 21.30 horas, e mañá sábado 14, de 10.00 a 21.30 horas, no Departamento de Deportes El Corte Inglés de Marineda City

PALMARÉS FEMININO CORUÑA 42
Ed.AnoDataAtletaClubRexistro
I201215 AbrilMaría Cabadas3.10.56
II201321 AbrilMaría Jesús Gestido2.40.23
III201427 AbrilSonia TeijeiroOurenrunning3.05.56
IV201519 AbrilMaría Rosario Figueroa3.05.39
V201617 AbrilCharo Figueroa3.02.37
VI201723 AbrilMónica Granero2.59.02

 

PALMARÉS MASCULINO CORUÑA 42
Ed.AnoDataAtletaClubRexistro
I201215 AbrilTewodros Zewdu AsfawEtiopía2.19.47
II201321 AbrilJavier GuerraAtletismo Bikila2.12.21
III201427 AbrilRafael IglesiasC.A.Adidas2.15.58
IV201519 AbrilManuel Penas BlancoNB Team2.19.39
V201617 AbrilDavid PelisekRep. Checa2.29.27
VI201723 AbrilJavier Paredes2.33.55

 

Compartir