Saltar ao contido
Atención
Debido á alerta pola onda de calor o inicio do Gran Premio Cidade de Vigo se atrasa unha hora
Arquivo

Presentación ofial do novo Delegado da F.G.A. en Ferrol

Mañán as 19.15 horas no Esadio de Atletismo da Malata, terá lugar a
presentación ofical de Paulino Cartelle Rozas, coma novo Delegado da Federación Galega de Atletismo en Ferrol.

Paulino Cartelle (Ares,1961), ten unha ampla experiencia e coñócemento do atletismo. Dende novo practicaría este deporte a nivel federado ocupando o cargo, anos despóis, de Director Técnico da
Federación Galega de Ateltismo en Ferrol, cometido que desenvolvería ata o dia de hoxe. Da mesma maneira dende no ano 2010 comezaría a exercer no estamento de xuices na categoría de Territorial.
Destaca a súa capacidade organizativa e o seu talante de dialogo e entendemento ó que se lle suma un amplo coñocemento das realidades atléticas da Delagación que vai dirixir.

Sustitúe no cargo a Ricardo Monzón que viña ocupando esta responsabilidade dende os últimos dez anos.

noticias
Compartir