Saltar ao contido
Atención
Debido á alerta pola onda de calor o inicio do Gran Premio Cidade de Vigo se atrasa unha hora
Arquivo

Vigo converteuse na gran festa do atletismo base autonómico

Esta fin de semana as pistas viguesas de Balaidos deron acollida a unha
nova edición correspondente ó Campionato de Galicia para as categorías Benxamín, Alevín e Infantil e na que un importante número de atletas tomarían parte nas mesmas.

Nun gran ambente de compitición e cunha amplísima participación, as probas contarían en moitos casos cun importante nivel deparando a consecución de dous récolrds galegos a cargo do fillo de Frank
Casañas e Loly Pedrares, Hugo Casañas da Gimnástica, quen na proba de lanzamento de pelota da categoría benxamín mandaría a mesma ata os 32.40 m. Pola súa banda Alex Sierpes do Trega volvería a
millorar o tope autonómico que el mesmo tiña rebaixandoo en preto de sete segundos ata deixalo en 3.14.47 nos 1000 m.l.

Ligazón

noticias
Compartir