Saltar ao contido
Arquivo

Solange Pereira, hexacampiona nacional de Milla en Ruta

Desenvolveuse hoxe en Puerto Lumbreras o IX Campionato de España de Milla en Ruta na que tomarían parte un destacado número de atletas galegos encabezados por Solange Pereira que aspiraba a coverterse en hexacampiona da
distancia logo de ter gañado nas últimas cinco edicións de maneira inenterrumpida. A pupila de Carlos Landín, que partía coma favorita, non deixaría pasar a oportunidade de facer historia na proba
impoñéndose cun rexistro de 4.49 entrando por diante da navarra Melero con 4.52 mesmo tempo que a madrileña Martínez no terceiro lugar. Nesta mesma proba Leticia Fernández do
ADAS Proinor entrería en meta na 4ª posición da xeral.

No resto de probas tamén excelentes resultados para os intereses galegos xa que María
Luisa Armesto
(W-65) do Clube Atletismo Sada con 7.58 proclamaríáse campiona de España establecendo con ese rexistro un novo récord nacional que confirman o excelente nivel ó
que está a compitir ultimamente esta atleta. Por parte novamente dos sadenses Eduardo Pinedo (M-65) acadaría o da mesma maneira o título de campión
nacional cun tempo de 6.07 nunha proba gañada polo italiano Dario Rappo. Por último Manuel Calvo do Atletismo+ 9 Moraña (M-60) lograría subir ó
podium e acadar a medalla de prata logo de invertir un rexistro de 5.43

Ligazón

noticias
Compartir