Saltar ao contido
Atención
Debido á alerta pola onda de calor o inicio do Gran Premio Cidade de Vigo se atrasa unha hora
Arquivo

Dez atletas galegos entre os dez primeiros no Ranking Nacional Indoor

Un total de dez atletas galegos atópanse no top-ten do ranking nacional de pista
cuberta que ben de pecharse recentemente.

Na relación figuran as galegas Solange Pereira nos 1500 m.l. con 4.13.54 e Ana Peletiro en triple con 14.20 m. encabenzando o ranking nacional nas súas
respectivas probas. Nestes postos altos da clasificación, figuran do mesmo modo os nomes de Jean Marie Okuto, segundo no concurso de lonxitude con 7.84 ou mesmo a saltadora de Altura Saleta Fernández quen cun rexistro de 1.82 m. aparece trala campiona olímpica Ruth Beitia.
Belén Toimil en peso con 16.27 m. é outra das atletas que se encontra na
segunda posición da táboa do ranking.

Por último nesas primeiras dez posicións atópanse de igual modo Adrián Ben 5º nos 1500 m.
e 10º nos 3000 m.l., Carmela Cardama, 6ª nos 3000 m., asi como Leticia Gil e José Alfonso Palomanes quintos en lonxitude e triplo respectivamente. Para rematar
Claudia Roja entra tamén na zona top-ten acadando a décima posición nas combinadas do
Pentahlon.

LIDERES RANKING GALEGO

noticias
Compartir