Saltar ao contido
Atención
Debido á alerta pola onda de calor o inicio do Gran Premio Cidade de Vigo se atrasa unha hora
Arquivo

Leticia Gil Récord Galego Absoluto indoor en lonxitude con 6.22

No transcurso do Campionato de España de Pista Cuberta que se está a
desenvolver nas Pistas Carlos Gil Pérez de Salamanca, a atleta galega do Bidezabal Leticia Gil Pérez participante na final de lonxitude, acadaría no
seu terceiro intento un millor salto de 6.22 m. (X/5.88/6.22/5.81/6.09/5.99) o que supón un novo récord galego absoluto indoor do concurso e que ademáis permítelle entrar a formar parte da élite
nacional ó acadar a 5ª posición no campionato nacional.

Cabe salientar que Leticia Gil, xa fora a primeira muller na historia do atletismo galego en chegar a barreira dos seis metros (6.00 m.), realizados no pasado Campionato Galego Absoluto de Pista
cuberta e que pon de manifesto o gran momento de forma polo que está a atravesar a atleta de Valdeorras.

Ligazón

noticias
Compartir