Arquivo
24 atletas galegos no Top10 do ranking nacional
Un total de vinte catro atletas galegos (trece homes e once mulleres) figuran
no conxunto de probas olímpicas do top-10 no ranking nacional da presente tempada.
Cabe salientar os concursos de lonxitude masculino e xavalina feminino encabezados por Okuto e Parada respectivamente. Solange Pereira nos 1500 m. é outra das que encabeza esta lista.
Por sectores os lanzamentos con dez inclusións dan o maior número de atletas a lista, na que a xavalina volve a reafirmar a importancia e a pegada que ten no noso atletismo con
catro atletas colocados entre os dez primeiros do ranking nacional. Os saltos con catro, fondo con tres, medio fondo, relevos e velocidade con
dous e valados con un, pechan o raking deste ano.
| Posto | Atleta | Proba | Rexistro |
| 1ª | Lidia Parada | Xavalina | 57.34 |
| 1ª | Solange Pereira | 1500 m. | 4.08.29 |
| 1º | Jean Marie Okutu | Lonxitude | 8.17 |
| 2º | Frank Casañas | Disco | 65.32 |
| 2ª | Ana Peleteiro | Triple | 13.55 |
| 2ª | Belén Toimil | Peso | 16.30 |
| 3º | Mauro Triana | 100 m.l. | 10.46 |
| 4º | Manuel Uriz | Xavalina | 71.21 |
| 4º | Alfonso Palomanes | Triple | 15.99 |
| 5ª | Claudia Rojo | 400 m.v. | 59.93 |
| 5º | Mauro Triana | 200 m.l. | 21.07 |
| 5º | Isaac Vicente | Martelo | 64.64 |
| 6º | Pablo Denis | Martelo | 64.34 |
| 5ª | Equipo Ria Ferrol | 4×400 | 3.47.45 |
| 7ª | Solange Pereira | 800 m. | 2.06.27 |
| 8ª | Esther Navarrete | 5.000 m. | 16.11.85 |
| 8ª | Esther Navarrete | 10.000 m. | 34.37.98 |
| 8º | Borja Barbeito | Xavalina | 67.30 |
| 8ª | Saleta Fernández | Altura | 1.76 |
| 8º | Equipo S.G.Pontevedra | 4×400 | 3.14.63 |
| 8ª | Felicea Tilea | Xavalina | 50.02 |
| 10º | Manuel Hurtado | Marathon | 2.18.25 |
| 10º | Victor Gallego | Peso | 16.39 |
| 10º | Victor Gallego | Disco | 53.09 |
noticias